miércoles, 5 de mayo de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

 Este ano os alumnos/as de Educación Infantil traballamos co conto “La Pequeña Oruga glotona” (Eric Carle),o cal introduce aos nenos/as na maxia da natureza e o espectáculo do ciclo da vida dunha oruga a través desta magnífica historia (dende o seu nacemento dun pequeno ovo ata convertirse nunha espectacular volvoreta), explicándonos a súa metamorfosis..

Tamén puidemos traballar a importancia dunha alimentación saudable, observando no conto que seguir unha dieta sana e equilibrada é moi importante para sentirse ben, o importante que é unha boa nutrición.


Aproveitamos esta lectura para facer cos nenos/as a manualidade dunha oruga e dunha volvoreta para que levaran a casa, e un mini-conto para que o puideran ler coas súas familias na casa e poder seguir traballando dende elas, ademáis do anteriormente dito, diferentes aprendizaxes que nos ofrece este conto, como poden ser:

1. Os números e a relación coas súas cantidades.

2. Os contrarios: grande / pequeno

3. Os días da semana.

4. As cores.

        QUE BEN O PASAMOS E CANTO APRENDEMOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Gracias por tu comentario!